
CONÓCENOS
Club natación Coruña
Somos un club con más de 75 años de antigüedad. Aunque el C.N.C. comenzó como un Club de Natación, a lo largo de los años se le fueron incorporando diferentes secciones deportivas.

ALTA EN EL CLUB
Formamos deportistas desde 1942
No te pierdas todos los avances y novedades del club

COMPETICIONES
¿Quieres formar parte del club?
La natación produce un bajo impacto sobre los huesos y articulaciones. Por eso cualquier edad es buena.
Blog
Novedades CNCORUÑA
Para estar al tanto de todas las competiciones, novedades del club, resultados, información, récords....
COPA GALEGA BENXAMÍN
COPA GALEGA BENXAMÍN
A Coruña,(Riazor), 14 de Xunio de 2025
O vindeiro sábado día 14 celebrarase na Piscina Municipal de Riazor a Copa Galega Benxamín.
A competición está organizada polo Club coa colaboración do Concello de A Coruña
As probas darán comezo ás 17 horas con quecemento unha hora antes.
ANIMO A TOD@S!!!
LIII TRAVESIA AL DIQUE
53 TRAVESIA AL DIQUE
Marina Coruña ( Puerto de A Coruña), 25 de Julio de 2025
Abiertas las inscripciones para participar en la LIII TRAVESIA AL DIQUE .
La competición tendrá lugar a lo largo del Dique en el Puerto de A Coruña el 25 de Julio a las 11.00 horas.
La Salida y la Llegada se realizarán en las instalaciones de Marina Coruña en el dique.
La competición está organizada por el Club Natación Coruña con la colaboración del Ayuntamiento de A Coruña y está incluida en la X Copa de España de Aguas Abiertas de la Federación Española de Natación y en el XXI Circuito «Arzúa-Ulloa» de Aguas Abiertas de la Federación Gallega de Natación.
Contamos con tod@s!!!
CTO DE ESPAÑA «OPEN» TRAILS
CTO DE ESPAÑA «OPEN» TRIALS
Palma de Mallorca, 11 ao 15 de Xunio de 2025
A próxima semana celebrarase na Piscina de Son Hugo en Palma de Mallorca, o Campionato de España Open.
Participarán na competición un total de 426 deportistas (257 masculino e 169 feminino) dun total de 112 clubs.
Por parte do Club estaremos representados por Javier Balsa e Pablo Gómez acompañados polo seu adestrador Miguel Pedrouzo.
ANIMO E SORTE!!!
CTO GALEGO AUGAS ABERTAS
CTO GALEGO AUGAS ABERTAS
Portodemouros, 1 de Junio de 2025
Cto Galego de Augas Abertas
Excelente xornada para o noso club no Cto Galego de Augas Abertas celebrado en Arzúa-Portodemouros! 



Gran participación das nosas e dos nosos nadadores, destacando o resultado de Álvaro Presedo, que acadou a
medalla de ouro en máster +40.

Participaron tambien Hugo Pasandín en Infantiles y Hugo Gil en Junior -1
Noraboa a todas e todos! Seguimos! 

CTO GALEGO DE AUGAS ABERTAS
CAMPIONATO GALEGO DE AUGAS ABERTAS
Portodemouros (Arzúa) 1 de Xunio de 2025
O domingo dia 1 terá lugar no encoro de Portodemouros (Arzua) en Campionato Galego de Augas Abertas).
A competición dará comezo ás 10.00 horas, para os de categoría Master, e ás 11.30 para o resto das categorías.
ANIMO A TOD@S!!!
LIGA GALEGA BENXAMIN
ATENCION CAMBIO DE FECHA!!!
6ª XORNADA LIGA GALEGA BENXAMIN
Carballo, (C.Calero), 01 de Xunio de 2025
O vindeiro sábado celebrarase na Piscina C. Calero de Carballo, a sexta xornada da liga Galega Benxamin.
Participarán 6 clubs da Zona A Coruña- Carballo.
A competición dará comezo ás 11.00 horas con quecemento a partir das 10.00.
ANIMO A TOD@S!!!
MEMORIAL JUAN VARELA
MEMORIAL JUAN VARELA
Ferrol ( Batallones), 24 de Maio de 2025
Gran actuación do Club Natación Coruña no XLV Memorial Internacional Juan Varela!
Queremos destacar a Pablo Gómez, que acadou un fantástico 5º posto na clasificación por puntos FINA, conseguindo así un agasallo de 50€. Parabéns, Pablo!
O resto do equipo tamén brillou, repetindo marcas persoais e, nalgúns casos, quedando moi preto das mínimas nacionais.
O último ciclo da tempada xa está en marcha… A seguir adestrando con forza e ilusión!
Queremos destacar a Pablo Gómez, que acadou un fantástico 5º posto na clasificación por puntos FINA, conseguindo así un agasallo de 50€. Parabéns, Pablo!
O resto do equipo tamén brillou, repetindo marcas persoais e, nalgúns casos, quedando moi preto das mínimas nacionais.
O último ciclo da tempada xa está en marcha… A seguir adestrando con forza e ilusión!
ANIMO A TOD@S!!!
LIGA GALEGA ALEVIN
6ª XORNADA LIGA GALEGA ALEVIN
Carballo, (C.Calero), 24 de Maio de 2025
Os nosos alevíns participaron onte na 6ª xornada da Liga Alevín, organizada por ADFOGAR, en Carballo (C. Calero).
Unha gran experiencia onde seguiron medrando, aprendendo e desfrutando da natación.
Noraboa a todo o equipo!
FASE FINAL LIGA DE CLUBS
LIGA DE CLUBS FASE FINAL
17 de Xunio de 2025
O CNC É DE PRIMEIRA! 

O Club Natación Coruña conseguiu este 17 de maio de 2025 o ascenso á Primeira División da Liga Galega de Clubes, nunha emocionante Fase Final celebrada en Riazor.
Un logro froito do esforzo, da constancia e do espírito de equipo das nosas nadadoras e nadadores, do equipo técnico e do apoio constante das familias, patrocinadores e institucións.
Grazas a todas e todos os que o facedes posible!
Este ascenso é moito máis ca un éxito deportivo: é un paso adiante no crecemento do noso club e unha celebración para toda a cidade.
Queremos felicitar tamén ao Casino da Coruña (@cncasinocoruna ) polo seu merecido ascenso, e enviar unha aperta de ánimo ao Náutico de Narón (@nauticonaron ), que a pesar de non acadar o ascenso, demostrou un altísimo nivel competitivo.
Seguimos nadando xuntas e xuntos cara a novos retos!
#LigaGallegaDeClubs #NataciónGalicia #FaseFinal #Riazor #OrgulloDeClub #somosdeagua #acoruña #fundacionemalcsa #diputacióndeacoruña #concelloacoruña
TROFEO CONCELLO DE OLEIROS
O CNC mellor club e 5 medallas na disciplina de Natación Artística.
O pasado sábado 10 de maio, o equipo de natación artística do Club Natación Coruña proclamouse mellor club no X Trofeo Concello de Oleiros, nunha destacada xornada chea de emoción e éxitos.
As nosas nadadoras acadaron un total de 5 medallas, demostrando unha vez máis o gran nivel técnico e artístico do equipo:
2 Medallas de Ouro (equipo benxamín e acrobática junior)
3 Medallas de Prata (combo benxamín, combo infantil, combo prealevín)
Este resultado reafirma o excelente traballo que se está a facer desde a sección de natación artística, tanto por parte das deportistas como do equipo técnico, e supón un paso máis no crecemento desta disciplina dentro do club.
Parabéns a todas as nadadoras e adestradoras polo esforzo, compromiso e paixón que amosan cada día!
#NataciónArtística #TrofeoOleiros #CNC #OrgulloDeClub #SomosEquipo
LIGA GALEGA MASTER
5ª XORNADA LIGA GALEGA MASTER
A Coruña, Riazor, 3 de Maio de 2025
Resultados da 5ª Xornada da liga Galega Master que tivo lugar na Piscina Municipal de Riazor o pasado sábado.
Bos resultados.
ANIMO A TOD@S
LIGA GALEGA ALEVIN
RESULTADOS
LIGA GALEGA ALEVIN
Piscina C. Calero (Carballo), 26 de Abril de 2025
Resultados da quinta Xornada da Liga Galega Alevín que se celebrou o pasado sábado na Piscina C. Calero de Carballo.
Bos resultados e marcas para o Galego .
ANIMO A TOD@
LIGA GALEGA BENXAMIN
LIGA GALEGA BENXAMIN
Piscina C. Calero (Carballo), 12 de Abril de 2025
Moi bos resultados na 5ª Xornada dá liga Galega Benxamin que tivo lugar o pasado sábado na piscina C. Calero de Carballo.
Importante mellora dos nosos nadador@s tanto técnica como de resultados o que demostra en gran traballo realizado.
ANIMO A TOD@S!!!
Incluído na convocatoria de Deporte Solidario e inclusivo dá Fundación Emalcsa
Incluído na convocatoria de Deporte Solidario e inclusivo dá Fundación Emalcsa
TROFEO NORTE-SUR
TROFEO NORTE -SUR
Piscina Alvaro Pino (Ponteareas), 12 de Abril de 2025
Gran ambiente nas bancadas da piscina Alvaro Pino de Pontearéas para a celebración do IV Trofeo Norte – Sur entre as seleccións do Norte de Galicia (A Coruña e Lugo) contra as do Sur ( Pontevedra e Ourense).
Probas moi competidas e un resultado moi axustado que se decidiu a favor dos do Sur por escasos 5 puntos.
Boas marcas do representante do Club Pablo Gómez Limia.
Miguel Pedrouzo actuou como adestrador da Selección Norte
PARABENS A TOD@S!!!
LIGA GALEGA MASTER
RESULTADOS
4ª XORNADA LIGA GALEGA MASTER
Piscina Gómez Noya (Ferrol), 12 de Abril de 2025
Unha representación do equipo Master do club participou o pasado sábado na cuarta Xornada da Liga Galega (Zona Norte).
Bo ambiente na Piscina Gómez Noya de Ferrol
Seguimos preparando o Galego de Mos en xuño
ANIMO A TOD@S!!!
LIGA GALEGA INFANTIL
RESULTADOS
3ª XORNADA LIGA GALEGA INFANTIL
Piscina de Batallones (Ferrol), 5 de Abril de 2025
O Club Natación Coruña desplazouse este sábado a Ferrol para disputar a terceira xornada da liga galega infantil.
Queremos felicitar aos nadadores que conseguiron nadar por debaixo das marcas mínimas establecidas pola FEGAN e animar aos demás pois están a menos de un suspiro de conseguilo.
Seguide traballando así de ben e os resultados chegarán!
Incluido na convocatoria de Deporte Solidario e Inclusivo da Fundación Emalcsa








¿Estás interesado en recibir más información ?
Contacta con nosotros, ¡estaremos encantados de recibirte!








