54 TRAVESIA AO DIQUE 26
Marina Coruña, 25 de Xulio de 2026
A 54ª Travesía ao Dique celebrarase este sábado coa participación de máis de 200 nadadores e nadadoras
A cita, que forma parte da X Copa de España e do XXII Circuíto Galego de Augas Abertas, conta coa organización do Concello e o Club Natación Coruña 
A cidade acollerá este sábado 25 de xullo, a partir das 11.00 horas, a 54ª edición da Travesía ao Dique, unha das citas máis emblemáticas do calendario deportivo coruñés.
A proba, organizada polo Club Natación Coruña coa colaboración do Concello, contará coa participación de máis de 200 nadadores e nadadoras das categorías alevín, infantil, júnior, máster e absoluta.
O evento foi presentado esta mañá nun acto celebrado nos exteriores de Marina Coruña, no que participou o concelleiro de Deportes, Manuel Vázquez, acompañado por Raúl Solleiro, presidente do Club Natación Coruña; Ramón Mosquera, secretario xeral da Federación Galega de Natación; Marta Martínez, en representación de Blue Leaders e por Inmaculada Losada e Lucía Méndez, vicepresidenta e vocal de relacións públicas do Club Natación Coruña, respectivamente.
“O mar e o deporte son dous elementos imprescindibles para a identidade coruñesa. Por iso, no Goberno de Inés Rey apostamos por potenciar a nosa participación en eventos como a Travesía ao Dique. Porque nos sitúan nunha posición de referencia nacional e internacional. Sempre imos apostar polas grandes citas deportivas, que son xa un selo desta cidade”, apuntou o concelleiro de Deportes, Manuel Vázquez.
A proba conta tamén co apoio da Federación Española de Natación e da Federación Galega de Natación, ao ser puntuable tanto na X Copa de España de Augas Abertas coma no XXII Circuíto Galego de Augas Abertas.
A Travesía dará comezo ás 11.00 horas, con saída desde as instalacións de Marina Coruña, e desenvolverase na superficie de auga do porto interior. Están previstas tres quendas de saída: