CTO GALEGO INFANTIL
CTO GALEGO INFANTIL
Ourense, 27 y 28 de xuño de 2026
Un total de 223 nadador@s participaron esta fin de semana no Campionato Galego Infantil organizado polo Club Natación Pavillón Ourense e a Federación Galega de Natación.
Moi bos resultados dos representantes do club con gran mellora das súas marcas personales
PARABÉNS A TOD@S!!! 
DEZ MEDALLAS NO GALEGO ALEVÍN
CTO GALEGO ALEVIN
Pontevedra, 20 y 21 de xuño de 2026
10 medallas conseguiron os nosos deportistas no Cto Galego Alevín.
7 medallas en categoría feminina
Lucia Arruñada  Oro en 800, Prata en 400 e Bronce en 100 e 200 libres.
Antía Reimundez  Bronce en 50 e 100 bolboreta.
Cintia Figuieira Bronce en 200 braza.
En masculino
3 medallas de bronce para Jonás Guzmán en 50 e 100 bolboreta e 400 libres.
Gran campionato dos nosos nadador@s
Parabéns a tod@s e ao seu adestrador Lalo Maquieira.
 
CTO GALEGO MASTER
CTO GALEGO MASTER
Santiago, 13 y 14 de xuño de 2026
Gran actuación do noso equipo máster nesta cita autonómica, na que contamos coa participación de 12 representantes que volveron demostrar o seu compromiso e paixón pola natación. 💙
👉 O equipo acadou un total de:
🥇 12 medallas de ouro
🥈 9 medallas de prata
🥉 8 medallas de bronce
Ademais, logramos unha excelente 7ª posición na clasificación masculina e unha 10ª posición na clasificación feminina.
Parabéns a todo o equipo polo traballo, esforzo e ambiente que facedes posible en cada competición. Seguimos sumando! 💪🏽✨

COPA GALEGA BENXAMÍN
4º PUESTO EN LA COPA GALEGA BENXAMIN
Riazor, 13 de xuño de 2026
Gran actuación dos nadadores do club na Copa Benxamin que se celebrou en Piscina Municipal de Riazor o pasado sábado.
Boas marcas e clasificacións de tod@s os nadadores que achegaron os puntos que nos levaron a mellorar sensiblemente a clasificación inicial , baseada na liga, 
Ao final 4º posto conxunto nunha gran competición.
PARABÉNS!!!
 
 
TROFEO VILLA DE GIJÓN
TROFEO INTERNACIONAL VILLA DE GIJÓN
Gijón, 22 a 24 de maio de 2026
O noso club estivo representado por 4 nadadores: Javier Balsa, Oscar Etayo, Rodrigo Camino e Jacobo Javier García, nunha competición internacional de gran nivel
No relevo 4×50 estilos, Jacobo Javier García Arochena acadou a mínima para o Campionato de España Júnior de verán cunha impresionante marca de 29.08. 

Destacamos tambien  
 Javier Balsa, 4º posto en 50 libres.
 Oscar Etayo, 8º posto en 200 braza.
Seguimos traballando e sumando experiencias nesta recta final da tempada.

PARABENS!!!

 
 
LIGA GALEGA BENXAMIN
RESULTADOS
LIGA GALEGA BENXAMIN
Riazor, 23 de maio de 2026
El pasado sábado celebrouse na Piscina Municipal de Riazor a 6ª Xornada da liga Galega Benxamín.
Participarán clubs da Zona  A Coruña – Carballo.
Bos resultados dos nosos nadador@s , con unha gran mellora durante a tempada.
En Xuno Copa Benxamín con todos os equipos galegos.
ANIMO A TOD@S!!!
 
LIGA GALEGA INFANTIL
LIGA GALEGA INFANTIL
Lugo (Frigsa), 16 de maio de 2026
O pasado sábado na piscina de Frigsa en Lugo celebrouse a 4ª Xornada da liga Galega Infantil.
Bos resultados con varias marcas mínimas para o galego de verán.
Sabela Fernández consegue mínima en 100 libres, Mateo Farto en 50 bolboreta e 200 estilos e Alexandre López en 50 braza, parabéns.
O resto do equipo mellorou as súas mellores marcas privados ou nadou moi preto delas, noticia moi boa para tratarse dunha xornada de liga.
Moito ánimo a todos para afrontar este último tramo de tempada do mellor xeito posible!!!