LIGA GALEGA BENXAMIN-ALEVÍN
LIGA GALEGA BENXAMÍN – ALEVÍN
Club del Mar, 20 de Decembro de 2025
O pasado sábado celebrouse na Piscina do Club do Mar a segunda Xornada da liga Benxamín  e Alevín que se realizaron de forma consecutiva.
O nosos deportistas mais pequenos continuan mellorando tanto a súa técnica como as súas marcas,
Tarde de moita animación e un gran ambiente.
PARABÉN A TOD@S!!!
TROFEO PEDRO POMBO CARBALLO
CAMPEONES EN CARBALLO
OSCAR ETAYO RECORD DEL CLUB
O equipo masculino do Club proclamouse campión no terceiro  Trofeo Memorial Pedro Pombo que se celebrou ou sábado en Carballo.
Final emocionante en que os nosos avantaxaron ao anfitrión AD FOGAR por tan só 4 puntos.
Gran actuación de todo o equipo achegando puntos e animo en cada proba.
Record do Club nos 100 braza para Óscar Etayo que con 1.04.24 mellorou o record anterior en poder do seu adestrador Miguel Pedrouzo desde o ano 2016.
PARABÉN A TOD@S!!!
ANIMO PARA O GALLEGO!!!
TROFEO PEDRO POMBO CARBALLO
III TROFEO PEDRO POMBO, CARBALLO
13 de Decembro de 2025
Bos resultados no Trofeo Memorial Pedro Pombo que se celebrou o sábado en Carballo.
Records do Campionato para Pablo Gómez que dominou os 100 libres, Paulo Rivas nos 200 libres e Óscar Etayo nos 200 braza.
Mellora de marcas e mínimas entre todos os nosos representantes.
PARABÉNS A TOD@S!!!
ANIMO PARA O GALLEGO!!!
COPA DE ESPAÑA DE CLUBS
COPA DE ESPAÑA DE CLUBS 2ª DIVISIÓN
29 y 30  de Novembro de 2025
A pasada fin de semana celebrouse  na Piscina de Frigsa en Lugo, a Copa de España de Clubs de Segunda División.
Bos resultados, para a fase de adestramento en que nos atopamos e unha gran preparación para os galegos de Decembro.
O mais destacado foi o record de Club obtido por Manuel Souto, Paulo Rivas, Javier Balsa e Pablo Gómez, na remuda de 4 x 100 m. libres cun tempo de 4.26.66, que supera amplamente os 4.30.11 que se mantiñan desde o ano 2008.
Parabéns a tod@s!!!
 
LIGA GALEGA ALEVÍN
LIGA GALEGA ALEVIN
1ª XORNADA
15 de Novembro de 2025
|💦 Onte celebramos a 1ª Xornada da Liga Alevín e non podemos estar máis contentos!
Os nosos/as alevíns nadaron xenial, demostrando esforzo, ilusión e moitas ganas en cada proba 🏊‍♂️✨
Unha tarde fantástica na Piscina de Riazor, chea de aprendizaxe e compañeirismo.
Seguimos medrando como equipo, orgullosos de cada un/unha deles 😄
CTO DE ESPAÑA OPEN P25
CTO DE ESPAÑA OPEN P25
13-16 de Noviembre de 2025
Seguimos sumando logros no Campionato de España Absoluto “Open” P25!
O sábado, Pablo Gómez Limia completou os 200m libres cunha actuación moi sólida, igualando a súa mellor marca persoal.
Un paso máis na súa evolución deportiva e unha experiencia de nivel que suma e motiva.
💙 Orgullosísimos do seu traballo e compromiso!
 
LIGA GALEGA MASTER
RESULTADOS
LIGA GALEGA MASTER
1ª XORNADA
8 de Novembro de 2025
O pasado sábado día 8 celebrouse na Piscina Municipal de San Amaro  a 1ª Xornada da liga Galega Master orgaizada polo Club do Mar.
Quince clubs tomaran parte na competición con un total de 157 nadador@s.
13 nadar@s representarán ao club na proba
O comezo será 17 horas 
ANIMO A TOD@S!!!