PROGRAMA GES ALEVIN
DANIELA MOSQUERA E ITSVAN POMBO SELECCIONADOS.
O pasado sabado tivo lugar na Piscina Municipal de Cervo, unha nova concentración do Grupo GES  de Categoría Alevín.
Nesta ocasión foron seleccionados representando ao noso Club Daniela Mosquera e Itsvan Pombo.
Boa tarde de convivencia e aprendizaxe na Piscina onde se celebrará en xuño o Campionato Galego Alevín.
PARABÉNS!!!
 
 
4ª XORNADA LIGA GALEGA ALEVÍN
RESULTADOS
4ª XORNADA LIGA GALEGA ALEVÍN
A Coruña (Club del Mar), 23 de Marzo de 2024 
O pàsado sábado celebrouse na Piscina do Club do Mar a cuarta Xornada da  Liga Galega Alevín.
Participaron na competición un total de 89 nadadador@s pertencentes a 7 Clubs dá zona A Coruña – Carballo.
Bos resultados para os galegos de verán.
ANIMO A TOD@S!!!
Actividad incluida no Programa de Deporte Solidario e Inclusivo da #FundaciónEmalcsa
 
CTO DE ESPAÑA INFANTIL
CTO DE ESPAÑA INFANTIL
Tarrassa, 14 ao 17 de Marzo de 2024
Rematou o Campionato de España Infantil de Inverno que tivo lugar en Tarrasa esta fin de semana.
A representante do Club nesta competición foi  Laura Canalda que participou nas probas de 50, 100 e 200 costas.
Resultados discretos que nos han de servir de acicate para preparar aínda mais intensamente a tempada de Verán.
ANIMO E IMOS A POLO VERAN!!!
«ACTIVIDAD PATROCINADA POLA DIPUTACIÓN DE A CORUÑA»
 
5ª XORNADA LIGA GALEGA BENXAMÍN
5ª XORNADA LIGA GALEGA BENXAMÍN
A Coruña (Riazor), 16 de Marzo de 2024 
O pasado sábado celebrarmos na Piscina Municipal de Riazor a 5ª Xornada da liga Galega Benjamín.
Bos resultados e xa se notan as melloras dos nosos nadador@s nos 5 meses que levamos de adestramento esta tempada.
Gran traballo na técnica e tamen de marcas que nos situa entre os mellores para a Copa Benjamin de Xuño.
SEGUIMOS MELLORANDO!!! ANIMO A tOD@S!!!
Actividade incluída non programa de Deporte Solidario e Inclusivo dá Fundación Emalcsa
PROGRAMA GES BENXAMIN
PROGRAMA GES BENXAMÍN
Ferrol (Gomez Noya), 9 de Marzo de 2024 
O pasado sábado día 9 celebrouse na Piscina Gómez Noya en Ferrol unha nova concentración do GES (Grupo Especial de Seguimento).
En esta ocasión representaron ao Club Cintia Figueira, Xabier Cañas e Cristina Gutierrez.
Boa experiencia e convivencia cos nadador@s doutros clubs baixo a dirección do responsable Técnico da Federación Galega de Natación.
PARABÉNS!!!
Actividad incluida no programa de Deporte Solidario e Inclusivo da Fundación Emalcsa