CTO GALEGO JUNIOR – COPA SENIOR
Ourense, 7 e 8 de Febreiro de 2026
A pasada fin de semana celebrouse na Piscina Rosario Dueñas de Ourense o Campionato Galego Júnior de Inverno -Copa Senior.
Moitas marcas persoais e finalistas na primeira competición da tempada en piscina de 50 m.
En Júnior 2 medallas, unha para Carmen Arruñada bronce en 200 costas e outra para Bruno Etayo prata en 50 bolboreta.
Na Copa Senior Javier Balsa impúxose nos 50 e 100 libres o que lle levou a obter a segunda marca da competición pola táboa Aqua.
Manuel Souto foi segundo nos 400 libres e segundo posto tambien para Óscar Etayo nas tres probas de braza.
PARABÉNS A TOD@S