CTO DE ESPAÑA OPEN P25
13-16 de Noviembre de 2025
Seguimos sumando logros no Campionato de España Absoluto “Open” P25!
O sábado, Pablo Gómez Limia completou os 200m libres cunha actuación moi sólida, igualando a súa mellor marca persoal.
Un paso máis na súa evolución deportiva e unha experiencia de nivel que suma e motiva.
