O CNC mellor club e 5 medallas na disciplina de Natación Artística.

O pasado sábado 10 de maio, o equipo de natación artística do Club Natación Coruña proclamouse mellor club no X Trofeo Concello de Oleiros, nunha destacada xornada chea de emoción e éxitos.

As nosas nadadoras acadaron un total de 5 medallas, demostrando unha vez máis o gran nivel técnico e artístico do equipo:

 2 Medallas de Ouro (equipo benxamín e acrobática junior)
 3 Medallas de Prata (combo benxamín, combo infantil, combo prealevín)

Este resultado reafirma o excelente traballo que se está a facer desde a sección de natación artística, tanto por parte das deportistas como do equipo técnico, e supón un paso máis no crecemento desta disciplina dentro do club.

 Parabéns a todas as nadadoras e adestradoras polo esforzo, compromiso e paixón que amosan cada día!

#NataciónArtística #TrofeoOleiros #CNC #OrgulloDeClub #SomosEquipo