LIGA DE CLUBS FASE FINAL
17 de Xunio de 2025
O CNC É DE PRIMEIRA! 

O Club Natación Coruña conseguiu este 17 de maio de 2025 o ascenso á Primeira División da Liga Galega de Clubes, nunha emocionante Fase Final celebrada en Riazor.
Un logro froito do esforzo, da constancia e do espírito de equipo das nosas nadadoras e nadadores, do equipo técnico e do apoio constante das familias, patrocinadores e institucións.
Grazas a todas e todos os que o facedes posible!
Este ascenso é moito máis ca un éxito deportivo: é un paso adiante no crecemento do noso club e unha celebración para toda a cidade.
Queremos felicitar tamén ao Casino da Coruña (@cncasinocoruna ) polo seu merecido ascenso, e enviar unha aperta de ánimo ao Náutico de Narón (@nauticonaron ), que a pesar de non acadar o ascenso, demostrou un altísimo nivel competitivo.
Seguimos nadando xuntas e xuntos cara a novos retos!
#LigaGallegaDeClubs #NataciónGalicia #FaseFinal #Riazor #OrgulloDeClub #somosdeagua #acoruña #fundacionemalcsa #diputacióndeacoruña #concelloacoruña