6 MEDALLAS NO INFANTIL
CTO GALEGO INFANTIL DE INVERNO.
Pontevedra (Rías do Sur), 17 e 18 de Febreiro de 2024
A pasada fin de semana tivo lugar na Piscina Rías do Sur de Pontevedra o Campionato Galego Infantil de Inverno.
Un total de 6 medallas obtiveron os nadadores do Club, ademas de numerosas mellores marcas persoais.
Os medallostas foron:
Laura Canalda (na foto) con 4 medallas (Ouro en 1500 m, Prata en 50 e 200 costas e Bronce en 800 libres).
Carmen Arruñada (Prata en 200 bolboreta)
Jacobo García (Bronce en 50 costas).
PARABÉNS A TOD@S!!!