CAMPIONATO DE ESPAÑA DE AUGAS ABERTAS
Sevilla, (CEAR A Cartuxa)  2-4  de xuño de 2023
Boa actuación de Pablo Gómez Limia no Campionato de España de Augas Abertas que se está celebrando esta fin de semana en Sevilla.
Pablo disputou a carreira na distancia de 7500 metros correspondente á categoría junior – 1
Na saída mais de 80 nadadores da categoría absoluta e júnior saíron todos xuntos nas augas do rio Guadalquivir realizando 3 xiros de 2500 metros cada un.
A temperatura da auga era de 25º polo que a carreira realizouse con bañadores convencionais e non estivo permitido o uso de neopreno.
Problemas para Pablo na saída, con nadadores moito maiores e mais experimentados que llo puxeron moi dificil e obrigáronlle a tentar remontar durante toda a proba. Boa experiencia nesta a súa primeira participación nun Campionato de España
PARABÉNS!!!