FASE FINAL LIGA DE CLUBS.
Piscina de Frigsa (Lugo), 6 de maio de 2023
O pasado sábado participamos na Fase Final da liga de Clubs de División de Honra en a  Piscina de Frigsa en Lugo.
Nesta competición o equipo do Club descendeu de Categoría e pasara a competir a próxima tempada en Primeira División.
A falta de nadadores importantes por varias causas fixo que participásemos nesta Liga de forma desigual, xa que os nosos nadadores infantís han tido que baterse contra nadadores moito maiores doutros equipos.
Grazas a tod@s pola participación e implicación e especialmente aos maiores, que a pesar das súas dificultades, sempre están para axudar ao Club cando se lles necesita.
PARABÉN A TOD@S!!!  VOLVEREMOS!!!